COLABORACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

Cocina Económica de La Coruña · 22/11/2021

Reforma do comedor e accesos

Ao abeiro da Dirección Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia e da súa convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social no período 2020-2022, neste ano 2021 puidemos acometer unha reforma do comedor social da Cociña Económica da Coruña.

Neste senso, a entidade recibiu por parte da Xunta unha subvención por importe de 46.101,12 euros que nos permitiu renovar o hall de acceso a entidade pola rúa Socorro e o comedor da mesma.

Dende aquí, queremos agradecer á Xunta de Galicia a súa inestimable colaboración nos últimos anos para contribuír ao mantemento e mellora das nosas instalacións.

  Volver