No ano 2022, ao abeiro da Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o investimento de servizos Sociais, a Deputación da Coruña renovou a súa colaboración coa Cociña Económica da Coruña.
Nesta ocasión, a Administración Provincial lle concedeu á Cociña Económica unha subvención por importe de 17.173,80 euros destinada a ampliar e mellorar o sistema de ventilación, aireación e extracción de fumes da cociña da entidade.
Dende aquí queremos agradecer encarecidamente á Deputación o seu apoio por contribuír a dispor dunhas instalacións nas mellores condicións posibles.