Ao abeiro da Dirección Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia e da súa convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social no período 2020-2022, neste ano 2022 puidemos acometer unha reforma da fachada da rúa Socorro na sede da Cociña Económica da Coruña, recuperando o deseño orixinario do edificio, o cal facilitará o acceso ao mesmo por parte dos usuarios da entidade.
Para dita actuación, a Cociña Económica recibiu por parte da Xunta unha subvención por importe de 36.883,92 euros.
Dende aquí e un ano máis, queremos mostrar o noso agradecemento á Xunta de Galicia pola súa continuidade na colaboración, dende o ano 2017, en apoiar e contribuír ao mantemento e mellora das nosas instalacións.